PATROCINIOS

PATROCINIOS
links dos patrocinadores na barra lateral

domingo, 20 de junho de 2010

UMA RECORDAÇÃO PARA TODOS

Graças ao Clube Alagua, todos os que participarem na travessia poderão levar no seu kayak uma pequena lembrança, o autocolante com o logótipo da travessia.






O club Alagua (Asociación de lecer acuática guardesa) é unha asociación sen animo de lucro ca finalidade de practicar e fomentar os deportes acuáticos no Baixo Miño, principalmente a vela lixeira e o piragüismo de lecer.



As nosas actividades levanse a cabo na sua maioria no TRIM (Tramo Internacional do Rio Miño) no treito comprendido entre Tui e a desembocadura do Miño na praia do Muiño en Camposancos (A Guarda)




Na actualidade, o club leva a cabo diversas actividades o longo do ano, principalmente no periodo estival, tales coma regatas, paseos, quedadas, etc... abertos a todos aqueles que queiran participar.

Ademáis das actividades promovidas polo club, tamén asistimos a eventos organizados por outros clubes e asociacións de Galicia e o norte de Portugal.

Dende o club queremos animar a todo o mundo a coñecer e disfrutar das posibilidades que nos ofrece o entorno acuático da nosa bisbarra.

Pola nosa parte poremos toda a ilusión e o empeño posible, para poder achega-lo noso medio a quen o desexe, dunha forma saudable e respetuosa.

ONDE ESTAMOS

Na actualidade, a sede do club atopase en O Pasaxe (Camposancos).

Camposancos está situado na desembocadura do Río Miño, no medio dunha natureza idílica, con espléndidas praias como A Lamiña e O Muiño.

Camposancos é un pobo de 972 habitantes e xurídicamente é unha Entidade Local Menor dentro do concello de A Guarda.

Nas suas augas fluviais e oceánicas pódese practicar toda clase de deportes e degustar os mellores pratos, como a lamprea, a robaliza, os mariscos, etc.

O pobo está abrigado dos ventos do norte polo Monte de Santa Trega, hito xeodésico e cultural, dende o cal contémplase unha das máis impresionantes panorámicas da natureza.

A visita e o desfrute de Camposancos quedará na tua retina coma un dos recordos máis gratos da tua vida.

DECÍDETE A VISITARNOS.

Sem comentários:

Enviar um comentário